|
Había que transmitir as experiencias vividas, as boas e as regulares. Foi
así que os técnicos do Club Ciclismo Val do Ulló afrontaron o reto de
crea-la primeira Escola de Ciclismo de Montaña de Galicia, que se puso en
marcha en decembro de 2000. Non se trataba exclusivamente de facer
canteira para o club, tratábase de aportar certos coñecementos prácticos e
teóricos do deporte en xeral e por suposto do ciclismo; de irlle amosando
tódalas posibilidades que nos ofrece a bicicleta, para que chegado o
momento eles teñan capacidade e criterios para discernir o que lles gusta
e o que non, e decidir en consecuencia; e sobre todo para axudar a que os
rapaces e rapazas non esquezan cómo se xoga. Os
rapaces acuden á Escola semanalmente dende outubro a xuño e disfrutan dun
periodo vacacional durante o verán, momento que se aproveita para
participar nalgunhas das gymkanas que se organizan no territorio
galego, posto que todos eles dispoñen de licencia federativa.
|
| |

Escola no museo da bicicleta
Museo Liste (Vigo) |

Fran, Martín, Victor, Alma,
Diego, Jesús, Irene e Gabriel |

Escola no Slot da Escudería Celtics (Vigo) |