![]() |
O c l u b______________________________________________________________________________ | |
|
Localización Pequena historia Filosofía do club Equipaxes Palmarés Xunta Directiva |
||
| ___________________________________________________________L o c a l i z a c i ó n | ||
|
A sé do Club Ciclismo Val do Ulló atópase no concello de Vilaboa (Pontevedra), precisamente na zona que noutrora recibira o topónimo de Ulló. Foi por iso que cando houbo que acordar un nome para a entidade, Val do Ulló pareceunos interesante, moi propio, orixinal e xenuíno, en fin o máis idóneo. Vilaboa ofrece moi boas alternativas para a práctica do ciclismo de montaña: podes pedalear á beira do mar dende o Arieiro de Paredes ata o Monte do Cabalo en Santa Cristina de Cobres, podendo contemplar neste percorrido a bela e histórica paisaxe que encerran as Salinas do Ulló; podes topar gran número de pistas forestais e carreiros que te elevan dende o nivel do mar ata os preto de 500 metros de altitude a que se encontra o miradoiro de Cotorredondo (Lagoa de Castiñeiras); evidentemente para os que preferides o descenso tamén está a opción da baixada. Non debemos esquecer que ademais na Lagoa de Castiñeiras comeza e remata o sendeiro circular de longo recorrido do Morrazo que descubre unhas vistas espectaculares das rías de Vigo e Pontevedra . É dicir, un divertido e sorprendente paraíso para as bicicletas de rodas gordas. Non dubides en analizar o mapa que se adxunta para programar as túas propias rutas ou deseñar as pistas de entrenamento en terras de Vilaboa. |
||
| _____________________________________________________________________________________Pe q u e n a h i s t o r i a | ||
|
|
As orixes... O Club Ciclismo Val do Ulló naceu de xeito semellante a como contan que naceu o ciclismo de montaña (mountain bike), isto é, a partir dun grupo de amigos que coas súas vellas bicicletas comezaron as disfrutar de carreiros, camiños e sendeiros. O Val do Ulló crea os seus estatutos no mes de novembro do 1994 e ingresa na Federación Galega de Ciclismo no 1995, entendendo que deste xeito podería levar adiante un labor máis organizado e seguro e tería acceso a outro tipo de actividades. As rodas gordas dos de Vilaboa deixaban a súa pegada en ducias de pistas forestais e trialeiras por inventar, foron moitos os quilómetros de diversión | |
![]() |
Primeiras pedaladas na competición... O número de ciclistas e amigos do Val do Ulló comezou a medrar; os rangos de idades sempre foron moi amplios, o cal supoñía que había unha gama de aspiracións ben variopinta. Estaba o grupo dos que preferían seguir rodando ó seu ritmo, sen maiores pretensións, disfrutando do verde, pero florecía tamén o inevitable espírito de competición. Algúns optaron por participar en marchas cicloturistas, outros descubriron o ciclismo de montaña e fixeron as súas primeiras aparicións alá por 1995 en rallys celebrados nas proximidades do noso concello. O rally da Xunqueira en Pontevedra, en Porriño, os campeonatos de Galicia disputados no monte da Fracha (Marcón, Pontevedra)…serán inesquecibles para moitos, dos entón nenos, do Val do Ulló. Grilo, Manolo, Marcos, Carlos…mozos anónimos para os hoxe habituais dos circuítos galegos puxeron a semente para que a faceta competitiva deste club botase raíces. |
|
| Detrás deles foron vindo outros que tomaron a competición con maior seriedade, que pouco a pouco foron captando o poder da constancia e da forza de vontade e que xustificablemente sucumbiron ante a forza da constante innovación tecnolóxica. Viñeron así os primeiros resultados: en 1997 o Val do Ulló xa contaba co seu primeiro ouro nos campeonatos de Galicia de rally en categoría cadete. | ||
![]() |
Atrevéndose co descenso...
Unha
agradable mañá de domingo, nunha das habituais saídas en bici polos montes
dos arredores, membros do club atoparon un mozo atrapado entre os toxeiros.
Resultou que o rapaz estaba redescubrindo o DH (Down Hill, descenso) como
antes o fixeran aqueles tolos americanos polas montañas do condado de
Marin (California). Despois do rescate e de recolle-los restos da
bicicleta 20 metros máis abaixo Jonattan, que así se chamaba,
recoñeceu que era un apaixonado da velocidade e do descenso e que
desesperadamente buscaba un club co que poder participar en carreiras
desta especialidade. O CC Val do Ulló aceptou a proposta, e pouco tempo despois ciclistas do club xa combinaban participacións en rally e descenso. O descenso de Campañó (Pontevedra) de 1996 foi un bautismo de fogo para moitos. Na temporada seguinte xa chegaba a especialización das máquinas e dos corredores; os resultados reseñables non tardaron en chegar, así campeóns de Galicia, títulos nacionais e mundialistas vestiron as cores do Val do Ulló. |
|
| O club mollouse co ciclocrós... Anque o Val do Ulló sempre tivo unha evidente orientación cara ó ciclismo de montaña, tamén se decidiu a probar o invernal ciclocrós un día de moita choiva en novembro de 1998 na praia de Lourido (Poio, Pontevedra). Fóronlle collendo o punto, e podios galegos e nacionais foron visitados a cotío polos ciclistas do club de Vilaboa. | ||
![]() |
A organización de
carreiras... Era
habitual a elaboración de rutas propias por parte da xente do club, tamén
era frecuente o soño de deseñar un descenso alí, ó lado das nosas
casas, parecía inalcanzable imaxinarse ás figuras do momento baixando
polas nosas trialeiras. |
|
![]() |
Val do Ulló no panorama nacional... Moi modestamente o club despois de consolidarse na competición galega, comezou a recorrer España ó lombo das súas históricas furgonetas, en realidade aquela primeira Mercedes con máis anos que os élite do equipo sempre será recordada, case foi coma un máis entre nós. Comezaron participando nas probas de carácter nacional que caían máis preto, por exemplo na Copa de España en Asturias no 1998. Pero sería no 2000 cando se lanzaron a participar en todas as probas do Open de España de rally e na Copa de España nas modalidades de rally e descenso, e o certo é que non saiu nada mal, poñamos por exemplo o segundo posto na clasificación xeral da categoría féminas élite no Open e na Copa de España. | |
| En anos posteriores tamén tomaron parte na incipiente Maxxis Cup de descenso, conseguindo o ouro en sub23. O ciclocrós tamén proporcionou notables éxitos deportivos: prata no campeonato de España fémina élite no 2000, ouro en fémina cadete 2001, etc. | ||
![]() |
Creación da Escola de
Ciclismo de Montaña...
Había que transmitir as experiencias vividas, as boas e as regulares. Foi
así que os técnicos do Club Ciclismo Val do Ulló afrontaron o reto de
crea-la primeira Escola de Ciclismo de Montaña de Galicia, que se puso en
marcha en decembro de 2000. Non se trataba exclusivamente de facer canteira para o club, tratábase de aportar certos coñecementos prácticos e teóricos do deporte en xeral e por suposto do ciclismo; de irlle amosando tódalas posibilidades que nos ofrece a bicicleta, para que chegado o momento eles teñan capacidade e criterios para discernir o que lles gusta e o que non, e decidir en consecuencia; e sobre todo para axudar a que os rapaces e rapazas non esquezan cómo se xoga. Os rapaces acuden á Escola semanalmente dende outubro a xuño e disfrutan dun periodo vacacional durante o verán, momento que se aproveita para participar nalgunhas das gymkanas que se organizan no territorio galego, posto que todos eles dispoñen de licencia federativa. |
|
|
________________________________________________________________________F i l o s o f í a d o C C V a l d o U l l ó |
||
![]() |
Dende o principio o club tivo moi claro cáles ían ser as regras básicas do
seu funcionamento. O paso do tempo foi confirmando que ditas pautas eran
acertadas; podémolas resumir do seguinte xeito: entendemos a bicicleta
como un medio para sentirte máis libre, máis forte e san... se pensas así,
benvido ó club. Agora ben, se decides que o teu é a competición e queres
estar con nós, entregaraste a fondo, darás o mellor de ti, aínda que iso
non obriga a chegar o primeiro; de feito estamos seguros que un club ha de
ser algo máis que unha colección de medallas, ha de ser un grupo coa maior
harmonía posible. E, se hai que escoller, quedámonos cun perdedor boa
persoa antes que con un noxento e insolidario campeón. Lembra: “Non preguntes qué é o que pode facer por ti o equipo. Pregunta que podes facer ti por él”(Magic Johnson) |
|
| _______________________________________________________________________________________________E q u i p a x e s | |||
![]() Maillot 1995 |
![]() Maillot 1996 |
![]() Maillot 1997 |
![]() Maillot 1999 |
|
_______________________________________________________________________________________X u n t a D i r e c t i v a |
|||
|
Presidente: Vicente González Penas Vicepresidente: Víctor M. Reguera Cal Secretario: Martín Torres González Tesoreiro: Santiago Fernández Bacariza Vocais: Manuel Bacariza Casal José María Magariños Suárez
|
|||