O próximo sábado 1 de outubro, a Escola de Ciclismo Val do
Ulló de Vilaboa, reanuda a súa actividade. Ó igual que nos cinco
anos que xa leva en funcionamento, as súas portas están abertas
para nenos e nenas de entre 5 e 14 anos dispostos a
disfrutar coa súa bicicleta.
As clases desenvólvense nas
mañás dos sábados no pavillón polideportivo do Toural de
Vilaboa, entre as 11 e as 13.30 horas. As actividades que se
realizan inclúen apartados teóricos básicos, educación física
elemental, saídas en bicicleta, visitas a eventos de interese,
participación no Open mini BTT (conxunto de probas de mountain
bike para nenos) ó longo e ancho do territorio galego, etc.

Así, a apertura oficial do curso
coincide cunha excursión chea de emoción; a Escola desprazarase á
Estación de Montaña de Manzaneda para asistir á edición inaugural
do “Manzaneda Bike Park Festival”, un evento destinado a
tódolos aficionados á bicicleta de montaña. En fin, unha primeira
fin de semana chea de actividades, convivencia e divertimento.
Para máis información da Escola
diríxanse ó pavillón do Toural en Vilaboa ou contacten a través do
correo electrónico do club ciclista
ccvaldoullo@lyc.net ou do teléfono 629 42 05 43.
Información do Manzaneda Bike Park
Festival en www.manzaneda.com
|